Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Brión organiza unha charla informativa sobre o proceso de revisión catastral este luns 13 de xuño no Polivalente


O Concello de Brión, en colaboración con Unións Agrarias, organiza este luns 13 de xuño unha charla informativa sobre o proceso de revisión catastral. Unha charla que terá lugar ás 21:30 horas no centro social polivalente e na que técnicos de Unións Agrarias explicaranlles aos veciños e veciñas como interpretar a carta recibida do Catastro, así como o procedemento, prazos para presentar reclamacións e outros asuntos de interese sobre a revisión catastral. A entrada é totalmente libre e de balde.